![]() |
Publicado na revista MUY Interesante nº 20 Data: Xaneiro 1983 Comentarios: Un dos primeiros anuncios dos microordenadores Atari en España, publicado nunha revista xeneralista de información científica, Muy interesante. O anuncio fai fincapé nas posibilidades serias dos ordenadores Atari, linguaxes de programación avanzadas como PILOT ou Assembler, posibilidades de xestión, e unha pequena referencia aos xogos; ainda que no anuncio so aparece a foto do Atari 800 tamén fai referencia ao Atari 400. É interesante ver como xa se anuncia o Microsoft BASIC, xa que por aqueles anos, principios dos oitenta, estábase a convertir no standard. Vinte anos despois Microsoft segue sendo o Standard, pero agora en outros campos. |
Derradeira actualización: 28.07.2006