Inicio > Anuncios Software > Dinamic > Game Over

 

Dinamic Game Over

Plataforma Spectrum, Amstrad e Commodore

Publicado na revista Your Sinclair

Data: Agosto 1987

Comentarios: Anuncio dun dos clásicos de Dinamic, Game Over. Especialmente famoso é iste xogo pola impresionante carátula, e anuncio, dibuxada por Luis Royo, que colaboraría en mais ocasions con Dinamic. Neste anuncio aparecido nas revistas inglesas, existe unha diferencia notable ca versión do anuncio publicado nas revistas españolas; a distribuidora do xogo Imagine, pareceulle moi provocativo o escote da rapaza e tapoullo co logo de Dinamic.

En favor dos ingleses hai que dicer que a revista inglesa Your Sinclair publicou ao mes seguinte de aparecer este anuncio, en Setembro de 1987, un poster xigante ca versión sen censurar, que fixo as ledicias de miles de quinceañeiros.

Como curiosidade, neste anuncio aparece unha versión para Commodore que no anuncio español non aparecía e ademais as pantallas que aparecen no anuncio son as da versión Amstrad e non as do Spectrum como na versión española.

Aquí podes coñecer algo mais de Luis Royo

http://www.luisroyo.com

Inicio > Anuncios Software > Dinamic > Game Over

Derradeira actualización: 28-07-2006

Para calquer comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandademe un mail a Web8bits@Web8bits.com