|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Segundo modelo lanzado por Commodore da sua linea de ordenadores Amiga, despois de sacaren o Amiga 1000. O Amiga 500 foi un éxito rotundo de vendas, saiu nunha época onde os ordenadores de 8 bits, tipo Spectrum, Amstrad ou Commodore, xa daban os derradeiros coletazos e os usuarios buscaban algo mais avanzado para os seus xogos, e sen dúbida no Amiga 500 o atopamos.
É un ordenador impresionante para o seu tempo, 4096 cores en pantalla, cando os compatibles PC ofrecían gráficos CGA con una resolución e paleta de cores peor cos Spectrums, alta resolución, son stéreo, cando os PC compatibles tiñan un simple BEEP controlado polo procesador, exactamente igual que o Spectrum, sistema operativo multitarefa, cando os PC compatibles da época levaban o MS-DOS 3.3, etc. O que fixo ao Amiga 500 unha máquina prodixiosa foron os seus Custom Chips (chips deseñados a medida) deseñados por Jay Miner, coñecido agarimosamente como Padre Miner, o mesmo deseñador dos tamén incribles para a época chips dos Atari 400 e 800.
Os chips do Amiga 500 conseguian que o ordenador estivese mostrando unha animación a pantalla completa acompañada con son stereo e só se estivese a usar o 10% da capacidade do procesador.
O ordenador foi orientado claramente ao segmento familiar e de vidoxogos, o seu irmá maior Amiga 2000, con slots de expansión, teclado externo, etc. era a aposta de Commodore para o mercado profesional.
O ordenador foi sustituido polo Amiga 500+, que era o mesmo modelo con mais memoria, mais resolucions gráficas e un reloxo en tempo real integrado, e a version 2.0 do Sistema Operativo, ista máquina e mais dificil de atopar xa que se fabricaron poucas unidades xa que o modelo foi sustituido polo Amiga 600 catro meses despois do seu lanzamento, e polo Amiga 1200 posteriormente,
Persoalmente o millor ordenador persoal da décadas dos 80 e 90.
Derradeira actualización: 01.05.2005