

Ver en grande a placa base dun Apple 1,
tal como saía de AppleIste ordenador non se chegou a comercializar no Estado Español, comercializouse unicamente nos EE.UU., e só se fabricaron 1.500 unidades, calcúlase que actualmente deben quedar uns 200 en todo o mundo, basicamente debido a que cando Apple sacou o Apple II fixo unha oferta de dous Apple 1 por un novo Apple II e despois as placas dos Apple 1 eran destruidas; polo que é practicamente imposible atopar un a venda hoxe en día, a derradeira vez cun destes ordenadores saiu a subasta alcanzou un prezo de 50.000 $USA, o ordenador vendíase montado nunha caixa de madeira e cun teclado, pero de Apple saía soamente a placa base, o resto era montado polos usuarios ou as tendas onde se vendía.
O logo da compañía ainda non era a famosa mazá, como se pode ver ao principio dista páxina, consistía nun dibuxo de Newton debaixo da famosa árbore.
Ainda que non o pareza o precio do ordeador orixinal en dólares 666 non ten nada que ver co número da Besta nin e nada Satánico segúndo declarou o propio Steve Wozniack, simplesmente foi a casualidade :-).
Derradeira actualización: 10.09.2006