Inicio > Marcas > Cambridge Computers > Z88

Z88

 

 

 

Z88
Cambridge Computers
Gran Bretaña
1987 1989
??? x ??? x 20 mm.
800 gr.
Zilog Z80 @ 3,2768 Mhz. 8 bits
BLINK Chip. Portas lóxicas, interrupcions e control da pantalla
ROM128 Kb. Incluindo Sistema Operativo (OZ), BASIC BBC e programas integrados
RAM32 Kb. Ampliable mediante cartuchos de 32 e 128 Kb.

Pantalla de cristal líquido controlada polo chip BLINK

640 x 64

104 x 8 caracteres (6 x 8 pixels) e 16 x 64 pixels para información

Monocromo

???
Tipo membrana 64 teclas. Malo.
Tres slots para cartuchos RAM ou EPROM, RS232, conector terminal de 40 pines
Sistema Operativo OZ, BASIC BBC
Cartuchos RAM de 32 e 128KB., cartuchos EPROM, cable serie para conectar a un PC, Amiga, Atari ST, QL, Macintosh, PCW, BBC
???.??? Ptas. / ???,?? Euros 198?
Distribuido por Magnetic Memory, S.A.
Dificil de atopar no Estado Español
Ver publicidade do Z88

 

¿Qué significan os Iconos?

 

Comentarios:

Ordenador desenrolado polo prolífico inventor Inglés, Sir Clive Sinclair.

Iste ordenador foi o primeiro, e último, que desenrolou Sinclair despois de vender a sua marca, Sinclair Researchs, e os seus modelos de ordenadores, Spectrum e QL, a Amstrad Consumer Electronics en 1987. Unha vez vendida Sinclair Researchs, Sir Clive Sinclair fundou no ano 1987 outra compañía de ordenadores a Cambridge Computers; non podía empregar o seu nome como marca xa que esta era propiedade de Amstrad e tampouco podía chamalo ZX88 xa que a denominación ZX tamén foi mercada por Amstrad, polo que Sinclair púsolle a iste ordenador o nome de Z88, seguindo así a tradición do nome do ordenador poñendolle o ZX e despois o ano de lanzamento ao mercado como ao Sinclair ZX80, lanzado en 1980 ao mercado, o Sinclair ZX81, lanzado en 1981, e iste lanzado en 1988 chamouno Z88.

Na época en que Sinclair Researchs foi mercada por Amstrad, Sinclair estaba investigando nun ordenador, de nome clave Pandora, que ia ser portátil, con pantalla de cristal líquido, e segun se cree compatible QL, iste proiecto non seguiu adiante con Amstrad, pero Sinclair tiña esa idea na cabeza e fundou Cambridge Computers para fabricar o ordenador que xa estaba esbozado en Sinclair Researchs.

O ordenador tivo un éxito aceptable, xa que era cómodo de levar, pesaba 800 grs., e traía instalado un paquete de xestión composto por unha folla de cálculo, compatible Lotus 123, procesador de textosm, compatible WordStar e Mac Write, base de dados, compatible con DBase, un BASIC estructurado compatible co que traía o BBC micro, etc.

Ademais, a través do seu porto serie RS232, podíase conectar a ordenadores compatibles IBM PC, BBC Micro, Amstrad PCW, Sinclair QL, Amiga, Atari ST, Macintosh, etc., para transferir arquivos e grabalos en disco ou imprimilos.

Unha moi boa máquina, ainda que a alimentación con pilas normais no aguantase mais de 20 horas de funcionamento.

 

Inicio > Marcas > Cambridge Computers > Z88

Derradeira actualización: 18-10-2006

Para calqueira comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com