Inicio > Marcas > Osborne > Osborne 1

 

 

Osborne-1

 

Galería Fotográfica

 

 

 
   

 Aberto

 Pechado

 Pantalla
   

 

1. Características técnicas
Osborne Computer Corportion
Estados Unidos
19821983
510 x 325 x 225 mm.
10,5 Kgr.
Zilog Z80A @ 4 Mhz. 8 bits

 Motorola 6850 Control serie

Motorola 6821 Control paralelo

ROM 4 Kb.
RAM 64 Kb.

Texto

52 x 24 Caracteres en pantalla ao mesmo tempo, resolución de 128 x 32 en memoria

Monocromo

Unha canle controlada pola CPU, altofalante incorporado con control de volumen
Tipo profesional 69 teclas. Moi bó.
x 2, 184 Kb. cada unha
Monitor, paralelo IEE488, serie RS232, modem
 CP/M
Incluía un monitor fósoforo verde de 3", Microsoft CBASIC
395.000 Ptas. / 2.374,00 EurosNovembro 1983
Distribuido por Investrónica
Moi dificil de atopar.
  Ver publicidade do Osborne 1

 

¿Qué significan os Iconos?

 

Comentarios:

Adam Osborne fundou a compañía de ordenadores Osborne en 1981, ata ese momento Osborne viña publicando libros técnicos sobor da informática. Decideu vender a sua división de libros técnicos a MacGraw-Hill, e cos cartos que sacou da venda montou a sua propia fábrica de ordenadores.

O Osborne 1 foi o primer ordenador que sacou ao mercado, era do tipo transportable, xa que pesaba case 11 Kgrs., tiña duas unidades de disco de 5,25" e 184 Kb. de capacidade cada unha, e un monitor incorporado, teclado profesional, portas RS232 e IEE488 e sistema operativo CP/M. O ordenador entregábase cun paquete de Software composto por Microsoft CBASIC, Wordstar (tratamento de textos), SuperCalc (folla de cálculo), MailMerge (programa de correo) e dBase II( base de dados).

O ordenador tivo un éxito relativo xa que se empezou a vender moi ben, de feito a compañía Osborne foi a compañía que mais medrou en cifra de negocio no ano 1982 en EEUU, pero o seguinte modelo que ía sustituir ao Osborne-1, o Osborne Executive chegou tarde a un mercado de ordenadores profesionais que xa empezaba a acaparar as máquinas compatibles IBM. Osborne atopouse cun stock de Osborne-1 que non podía liquidar xa que a xente estaba a esperar o novo Executive e ises stocks invendibles fixeron que a empresa presentase suspensión de pagos en 1983

Como curiosidade o distribuidor en España diste ordenador foi Investrónica, mais coñecida no noso pais pola distribución dos ordenadores Sinclair e Atari

En Marzo de 2003 Adam Osborne finou na India aos 64 anos de idade a consecuencia dunha enfermidade cerebral ca que levaba loitando dende mais de dez anos. Descanse en paz

 

Inicio > Marcas > Osborne > Osborne 1

Derradeira actualización 19.02.2005

Para calquer comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com