Inicio > Marcas > Sord > M5

M5

 

Sord M5 Version CGL

 

Características técnicas

M 5 Características técnicas
  Sord Computer Corporation
  Xapón
 
  1.983 1.98?
  262 x 185 x 36 mm.
  800 gr. Ordenador, 1 Kgr. Fonte de Alimentación
  Zilog Z80A @ 3,58 Mhz. 8 bits

  Texas Instruments VDP (Video Display Processor) 9918 / 9928 / 9929 (Dependendo do pais) Video

Texas Instruments 76489 Son

 ROM 8 Kb. Incluindo Sistema Operativo. Ampliables externamente a 16 Kb.
 RAM 20 Kb. Ampliables internamente a 32 Kb.

  Texas Instruments VDP (Video Display Processor) 9918 / 9928 / 9929 (Dependendo do pais)

Modos gráficos:

240 x 192

256 x 192

Modo texto:

24 x 40

Paleta de 16 cores, 32 Sprites

  Texas Instruments 76489, 3 canles mais un de ruido
  Tipo membrana, 55 teclas. Malo
  2.000 baudios
  Casette (8 pin DIN), televisión,video, audio, impresora, cartuchos, JoySticks (2) (6 pin mini-DIN)
  Mandos de xogo, Cartuchos: BASIC I (Simple), BASIC G (Xogos), BASIC F (Científico)
   Iste ordenador non traía o BASIC na ROM, había que cargalo en cartucho.
  61.544 Ptas. / 369,89Euros Nadal 1983
   Distribuido por ????
  Moi dificil de atopar.

 

¿Qué significan os Iconos?

 

Comentarios:

Ordenador lanzado en Xapón no ano 1983 e que obtivo un éxito moderado. Técnicamente era moi similar ao standard MSX, usaba o mesmo chip gráfico, pero distinto chip de son e intérprete BASIC. En Europa non obtivo demasiado éxito debido en parte a escasa biblioteca de Software dispoñible para a máquina, en comparación con outras máquinas de similar ou inferior precio que inundaban as tendas de informática europeas, como o Spectrum 48K e o Commodore 64.

A máquina entregábase co BASIC en cartucho en vez de en ROM, era o BASIC I, a I facía referencia a Iniciación, posteriormete Sord sacou duas versions mais do BASIC en cartucho, o BASIC G, para xogos, e o BASIC F, científico, os usuarios do M5 siempre votaron en falta un BASIC a medias entre o F e o G, e dicer un BASIC con funcions matemáticas e ao mesmo tempo con funcions para o dibuxo de obxetos.

Iste ordenador obtivo un éxito razonable en Checoslovaquia, onde era o único ordenador non Soviético que se podía comprar en tendas especializadas e en dólares, alí só competía cos clónicos Soviéticos do Spectrum.

En España pasou totalmente desapercibido e só atopánse referencias a iste ordenador en anuncios en revistas tipo MicroManía e MicroHobby, nos seus primeiros números, de distribuidores co tiñan en catálogo, xunto a outros ordenadores descoñecidos polo gran público como o NewBrain ou o Oric 1.

Cando Sord desisteu do mercado Europeo, os dereitos de fabricación e distribución do modelo foron mercados por unha empresa Inglesa, CGL, famosa polos seus xogos tabletop, e tentou relanzar o modelo, pero tampouco obtivo demasiado éxito. Na foto dista páxina pódese ver un modelo de M5 fabricado por CGL.

Inicio > Marcas > Sord > M5

Derradeira actuaización 06-05-2004

Para calqueira comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com