![]() |
|
Dinamic Game Over Plataforma Spectrum, Amstrad e Commodore Publicado na revista Your Sinclair Data: Agosto 1987 Comentarios: Anuncio dun dos clásicos de Dinamic, Game Over. Especialmente famoso é iste xogo pola impresionante carátula, e anuncio, dibuxada por Luis Royo, que colaboraría en mais ocasions con Dinamic. Neste anuncio aparecido nas revistas inglesas, existe unha diferencia notable ca versión do anuncio publicado nas revistas españolas; a distribuidora do xogo Imagine, pareceulle moi provocativo o escote da rapaza e tapoullo co logo de Dinamic. En favor dos ingleses hai que dicer que a revista inglesa Your Sinclair publicou ao mes seguinte de aparecer este anuncio, en Setembro de 1987, un poster xigante ca versión sen censurar, que fixo as ledicias de miles de quinceañeiros. Como curiosidade, neste anuncio aparece unha versión para Commodore que no anuncio español non aparecía e ademais as pantallas que aparecen no anuncio son as da versión Amstrad e non as do Spectrum como na versión española. Aquí podes coñecer algo mais de Luis Royo |
Derradeira actualización: 28-07-2006