Inicio > Anuncios Hardware > Cambridge Computers > Z88

Z88

 

Ordenador Cambridge Computers Z88

Publicado na revista Amiga World Nº 2

Data: 1989

Comentarios: Anuncio publicado no número dous da revista Amiga World, revista adicada en exclusiva aos ordenadores Amiga, polo que resulta extraño que o publicasen nesta revista, e non noutra de caracter mais xeneralista; para os usuarios de Amiga a única ventaxa é que se pode conectar un Z88 cun Amiga a través do porto serie, como indica o anuncio.

O anuncio o fai o distribuidor en España de ditos ordenadores, a empresa Magnetic Memory, e é un anuncio en blanco e negro, cando a revista estaba editada a toda cor, e onde se ve o ordenador, de lonxe, e se fai moito fincapé nas suas posibilidades como máquina de xestión para profesionais, xa que levaba en ROM unha folla de cálculo, unha base de dados, un procesador de textos, unha axenda electrónica, etc.

Ademais recalca coa frase publicitaria "El ordenador para la gente que se mueve" o seu caracter portátil.

Inicio > Anuncios Hardware > Cambridge Computers > Z88

Derradeira actualización: 28-07-2006

 Para calqueira comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com