Inicio > Marcas > Amiga > Amiga 2000

2000

 

2000 Características técnicas
Commodore-Amiga, Inc.
Estados Unidos
1985 198?
??? x ??? x ?? mm.
?? Kgr.
Motorola 68000 @ 7,14 Mhz. 16 bits

MOS 8362 "Denise" Video

MOS 8364 "Paula" Audio e unidade de disco

MOS 8370 "Fat Agnus" Blitter

MOS 8520 CIA (x 2) Control portos serie e paralelo e outras funcions

MOS 5719 "Gary" Controles varios

ROM256 Kb.
RAM1 Mb. Ampliable internamente a 9Mb

MOS 8362 "Denise"

320 x 200 (NTSC) 32 cores

640 x 400 (NTSC) 16 cores

320 x 256 (PAL) 32 cores

640 x 512 (PAL) 32 cores

Paleta de 4.096 cores, 12 bits.

MOS 8364 "Paula" 4 voces, stereo, 9 octavas, 8 bits.
Tipo profesional 95 / 97 teclas. Bó
 Rato de serie con dous botons, conexión propia (tipo Joystick Atari, 9 pines)
880 Kb.
RGB, Video, Audio (2 RCA), serie, serie interno,paralelo, 2ª unidade de disco, 2 JoyStick / rato, 4 slot de expansión (Zorro 2), 4 slots ISA, un slot de expansion de procesador, un slot de expansion para video.
KickStart v1.2 / v1.3, Workbench v1.2 / v1.3
A2090, A2052, A1010, 1084s, BridgeBoard A2088, modem A1680

265.000 Ptas. / 1.592,68 Euros Decembro 1988

99.900 Ptas. / 600,41 Euros Novembro 1992

Distribuido por Commodore España. S.A.
Doado de atopar

 

¿Qué significan os Iconos?

 

Comentarios:

Tercer modelo lanzado por Commodore da sua linea de ordenadores Amiga, despois de sacaren o Amiga 1000 e o Amiga 500. Iste modelo saiu a venda ao mesmo tempo que o Amiga 500 e estaba pensado para o uso profesional do Amiga, mentres que o Amiga 500 estaba adicado basicamente a videoxogos.

As características técnicas son as mesmas que no modelo 500 pero iste modelo 2000 ten varias diferencias moi notables: A primeira e mais evidente e que se trata dun modelo de sobremesa, temos a caja ca CPU, o teclado externo e o monitor, segundo ten slots de expansión para poder pinchar todo tipo de periféricos, concretamente consta de catro slots chamados Zorro 2, que serven para conectar ao Amiga 2000 ampliacions de memoria, discos duros, tarxetas de rede, tarxetas de video para acadar millons de colores a 1024x768, tarxetas compatibles PC (como a propia de Commodore A2088) co que se acadaba unha compatibilidade total cun PC, xa que o que se facía era pinchar no slot Zorro do Amiga un PC nunha tarxeta. Ademais traía un slot de video onde se podían conectar Genlocks e cousas similares e que o uso mais común nos Estados Unidos foi a de conectar unha tarxeta chamada VideoToaster que era un pequeno estudio de efectos dixitais de televisión, dita tarxeta foi moi usada polas empresas de televisión dos Estados Unidos e foi unha peza clave no éxito do Amiga como máquina de negocios. Ademais traía un slot de procesador, onde se podía pinchar unha tarxeta que sustituira ao Motorola 68000, se fabricaron varios modelos, Commodore desenrolou unha tarxeta con procesador 68020 ( a A2620) e outra cun procesador 68030 (a A2630), as mais avanzadas foron desenroladas por terceiras partes e pódense acadar tarxetas con Motorola 68040 e 68060 para iste ordenador. Ademais contaba con catro slots ISA de 16bits compatibles PC e que se activaban se se tiña conectada una tarxeta emuladora PC (chamadas BridgeBoard xa que facía de ponte entre dous mnundos, o Amiga e os compatibles PCs).

Unha excelente máquina que se mantivo a venda ao mesmo tempo que o modelo 2500, e que foi sustituida polo Amiga 3000 uns anos mais tarde.

 

Inicio > Marcas > Amiga > Amiga 2000

Derradeira actualización: 01.05.2005

Para calqueira comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com