

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ista máquina foi desenrolada por Investrónica, distribuidor en España dos ordenadores Sinclair, cando Sinclair foi vendida a Amstrad e a distribución de todolos modelos de Sinclair e Amstrad pasou a mans de Indescomp, distribuidor de Amstrad en España, e que mais adiante daría lugar a Amstrad España. Investrónica xa tiña desenrolado para Sinclair o Spectrum 128Kb. no ano 1985, modelo deseñado en España e comercializado no noso pais antes que en calquera outro, incluido Gran Bretaña.
Para non violar flagrantemente as leises do Copyright o modelo de Inves monta un conector de joystick standard, a ULA non e a de Ferranti é un novo modelo desenrolado por Texas Instruments e a ROM foi modificada minimamente para seguer mantendo a compatibilidade cos anteriores modelos Sinclair.
O ordenador non tivo demasiado éxito xa que a finais de 1986 xa se vendían ordenadores de 128Kb., como os Amstrad CPC 6128 ou os Commodore 128, e empezaban a asomar ao mercado os modelos de 16 bits, Atari 520 e Amiga 500, ainda asi o precio era realmente atractivo
Derradeira actualización: 05.05.2004