![]() |
||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Iste modelo de Sinclair foi totalmente deseñado en España polo seu distribuidor Investrónica, foi presentado a nivel mundial na feira SIMO de 1985, e non chegaría ao resto do mundo, incluindo Reino Unido, ata varios meses despois. Iste foi o derradeiro ordenador de Sinclair antes de ser comprada pola Amstrad, o ordenador non ofrecía moito mais do que xa ofrecía o Spectrum+, tiña mais memoria e un chip de sonido con tres canles, pero o teclado seguía sendo malo, a resolución en pantalla pobre e o medio de almacenamento externo seguía sendo o casette ou o microdive. Non tivo demasiado éxito comercial xa que o modelo foi sustituido polo Spectrum+2, fabricado xa por Amstrad, ademais nesa época empezaban a entrar no mercado as máquinas de 16 bits Atari ST e Amiga 500, de feito nese mesmo SIMO Investronica, distribuidor oficial Atari en España, tamén presentou o Atari ST.
O modelo comercializado por Investrónica en España incluía un teclado numérico externo, como se pode ver na foto de arriba, a versión inglesa saiu ao mercado sin dito teclado, que en teoría se ofrecería como un complemento, isto nunca chegou a acontecer xa que Sinclair foi vendida a Amstrad e esta sacou o Spectrum +2 en sustitución do 128. Outra diferencia entre o modelo español, aparte das mesaxes en español da ROM, e que o logotipo 128 está en branco namentres que no modelo ingles dito logotipo aparece en vermello.
Derradeira actualización: 05.10.2006