
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Iste foi o derradeiro ordenador que saiu baixo o nome comercial de Sinclair producido por Amstrad.
Despois de mercar os dereitos da marca Sinclair, Amstrad desenrolou varios modelos do Spectrum e rexeitou facer nada co ordenador de 16 bits de Sinclair, o QL, chegado 1988 a vida comercial do Spectrum tiña chegado ao seu fin e Amstrad sacou o PC200 para sustituir o Spectrum, o problema foi que os usuarios do Spectrum esperaban un compatible con él, como o SAM Coupe, pero Amstrad fixo simplesmente un compatible PC, metido nuna caixa con todo incluido, teclado, unidade de disco, e placa, algo moi comun nos ordenadores da época como o Amiga 500 o Atari ST ou os Amstrad CPC 464+, 6128+.
O ordenador foi un fracaso comercial total, so se chegaron a vender en todo o mundo un total de 20.000 máquinas (o que fai actualmente a iste ordenador unha verdadeira peza de coleccionistas), e aos poucos meses foi retirado do mercado por Amstrad, chegando asi ao seu fin unha marca mítica na microinformática europea, Sinclair, ainda que Amstrad chegou a usar a marca Sinclair en outros modelos de PC, como o PC 500 ou algun modelo baseado no chip 80386 no mercado Alemán, no mercado español o PC200 foi o derradeiro ordenador ca marca Sinclair.
Amstrad comercializou este ordenador baixo a sua propia marca, foi o Amstrad PC20, a única diferencia era a carcasa cor crema do modelo Amstrad.
O fracaso foi debido a que o ordenador presentouse como unha máquina de videoxogos, pero tiña unha resolucióin gráfica mais pobre que a do Spectrum e o sonido era equivalente ao do Spectrum, pero moi inferior ao dos Spectrum +2 ou +3. Ademais o Amiga 500 e o Atari ST empezaban a entrar con forza no mercado e eran máquinas infinitamente superiores a iste PC200 para videoxogos.
Derradeira actualización 26.09.2003