Inicio > Anuncios Hardware > Amiga > Amiga 2000 3000

2000 3000

 

Ordenador Amiga 2000 3000

Publicado na revista Amiga World, especial Guía de compradores

Data: 1990

Comentarios: Anuncio de Commodore, na sua línea profesional, que englobaba os Amiga 2000,3000 e posteriomente 4000 e os PCs. Coma sempre Commodore anúnciase nunha revista adicada exclusivamente aos ordenadores Amiga, como era a AmigaWorld, co que non se atraían a novos usuarios cara a plataforma Amiga, senon que se trataba de convencer aos propios usuarios de outras máquinas Amiga, os propietarios dos Amiga 500, para que se cambiasen as novas máquinas de Commodore.

O anuncio en sí é soso, duas fotos dos Amiga 2000 e 300 e unha explicación das suas características técnicas, aparte dun par de capturas de pantallas onde se pode ver as posibilidades das máquinas en cuestión, unha vez mais se comproba que os anuncios de Commodore tiñan unha falta de imaxinación total e non tiñan nin punto de comparación ca publicidade que facía Apple dos seus ordenadores Macintosh, competencia principal dos Amiga.

Inicio > Anuncios Hardware > Amiga > Amiga 2000 3000

Derradeira actualización: 28-07-2006

 Para calqueira comentario, rectificación ou apreciación; por favor mandáde-me un mail a Web8bits@Web8bits.com